CRTVG

Buscar

Manifestacións e acampadas de estudantes cortan varias vías en Barcelona

Publicado o 31/10/2019 14:51

Varios centos de estudantes manifestáronse este mediodía nas principais cidades catalás, mentres continúa a folga indefinida en institutos e universidades.

En Barcelona marcharon ata a praza de Sant Jaume para protestar pola sentenza do procés e para pedir a amnistía dos presos independentistas. Á marcha non se sumaron os 150 mozos que pasaron a noite acampados na praza da Universidade. Os participantes na acampada cortaron o tráfico na Gran Vía e na Ronda Universitat, o que ocasionou importantes retencións no tráfico da capital catalá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019