CRTVG

Buscar

Manifestación en Vigo en contra da venda de Povisa

Publicado o 24/10/2019 21:31

Manifestación en Vigo en contra da venda de Povisa. A mobilización foi convocada polo comité de empresa do hospital e máis a plataforma SOS Sanidade Pública. Queren que a Xunta asuma a xestión de Povisa e recuperar así para a sanidade pública este hospital, ao que están adscritos uns 135.000 pacientes da área sanitaria de Vigo.

O grupo Ribera Salud, con capital estadounidense, pechou a compra de Povisa a principios deste mes. Sobre esta operación de venda, o Sergas di que a Xunta non tiña ningún dereito de adquisición preferente.

Noticias web

24/10/2019