CRTVG

Buscar

Manifestación en Vigo contra a reforma da Gran Vía

Publicado o 14/04/2018 15:11

Centos de persoas manifestáronse este mediodía en Vigo para esixirlle ao concello a paralización da reforma da Gran Vía, que contempla a colocación dunha rampla mecánica que obrigaría a cortar arredor de 128 árbores.

Baixo o lema "salvemos a Gran Vía" os participantes amosaron o seu descontento co proxecto do Concello de colocar unha rampla mecánica na subida de Gran Vía ata a praza de España. Esta reforma obrigaría a cortar as árbores e a cambiar de sitio a escultura dos redeiros.

Denuncian, ademais, que a colocación de ramplas mecánicas incrementaría o consumo enerxético e as emisións de CO2 á atmosfera. Á protesta súmanse hostaleiros, taxistas e comerciantes da zona que consideran que as obras só garanten a destrución desta artería da cidade e da súa contorna.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2018