CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Manifestación en Oviedo na defensa da oficialidade do asturiano

Publicado o 21/04/2018 21:33
Milleiros de persoas concentráronse en Oviedo nunha mobilización que convocou a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana para reclamar a oficialidade desta lingua. Esixiron que se respecten os dereitos lingüísticos dos falantes, e tamén de quen fala galego-asturiano.

Os convocantes consideran que é o momento social e político de reformar o artigo cuarto do Estatuto de Autonomía. Os socialistas asturianos aprobaron no último congreso o "camiño" para a cooficialidade e comprometéronse a abordalo na próxima lexislatura. Unha representación oficial participou hoxe por primeira vez na manifestación que tamén apoiou Izquierda Unida e Podemos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí