CRTVG

Buscar

Manifestación en Madrid en defensa de Ence

Publicado o 07/11/2019 15:06

• Os traballadores levaron as súas reivindicacións ante a sede do PSOE e ante o Congreso • Insisten en que cumpren coa normativa medioambiental e que hai milleros de postos de traballo en xogo

• PSdeG: "Apoiamos a transición ecolóxica a carón dos traballadores"

Arsenio é un dos 300 condutores que achegaron onte o seu camión ou vehículo auxiliar a Madrid para pedir que non peche Ence. Para el sería o caos. Investiu 250.000 euros no camión. Ten cama e tele na cabina e aquí bota seis días á semana. Teme polo seu traballlo, o mesmo que as 5.000 familias que dependen da factoría. Por iso están hoxe en Madrid, no Congreso, manifestándose para que se escoite a voz dos traballadores de Ence, dos transportistas, estibadores e empresas auxiliares.

A manifestación foi dende Ferraz ao Congreso. Na mente deles, tamén, a situación dos compañeiros doutras factorías en crise.

Defenden que Ence Pontevedra non dana o medio, que é unha fábrica ecolóxica e sostible.

Noticias web

07/11/2019