CRTVG

Buscar

Bos días

Manifestación en Carballo contra a mina de Corcoesto

Publicado o 15/04/2013 09:27



Manifestación en Carballo contra a apertura da mina de ouro en Bergantiños. Unha explotación a ceo aberto que, segundo a Plataforma pola Defensa de Corcoesto, causaría un enorme prexuízo ambiental en toda a comarca

Foi a mobilización que sumou máis apoios de todas as convocadas ata o momento. Os contrarios á apertura da mina nos montes de Bergantiños percorreron as rúas de Carballo defendendo o dereito da comarca a respirar aire puro.

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto pediu que se realicen con urxencia medacións exhaustivas dos niveis de arsénico que hai no estiario do río Anllóns e reclamou informes sobre o impacto que produce na actividade gandeira da zona. Advirten que os riscos se multiplicarán coa explotación a ceo aberto da empresa Edgewater.

Unha vintena de colectivos veciñais, culturais, sindicais e ecoloxistas de toda Galicia apoiaron a marcha. Tamén o fixeron AGE e o BNG.

A manifestación concluíu na praza do concello, onde o escritor Manuel Rivas leu un manifesto contra a mina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

15/04/2013