CRTVG

Buscar

Manifestación en Burriana en repulsa pola suposta violación a unha menor en Noitevella

Publicado o 03/01/2019 21:10

Millleiros de persoas puxéronse en pé este mediodía en repulsa contra a violencia machista. Son veciños da localidade de Burriana, en Castelló, e expresan así a súa indignación pola violación dunha menor a noite de fin de ano. A moza, de 17 anos, recupérase no hospital.

Foi, supostamente, retida pola forza e violada por dous homes que xa están detidos. Esta mesma semana celebrarase o xuízo rápido do caso, sobre o que se decretou segredo sumarial. É a segunda manifestación por este crime en menos de 24 horas. Un clamor cidadán ao que hoxe se sumaron os comerciantes de Burriana co peche dos seus establecementos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2019