Manifestación en Burela en defensa da sanidade pública
Publicado o 28/03/2019 21:13
Burela acolleu esta tarde unha manifestación en defensa da sanidade pública. Convocados pola plataforma sanitaria da Mariña, saíron á rúa para esixir que esta comarca de Lugo sexa unha área sanitaria propia.
Tras a mobilización, leron un manifesto en que denunciaron a deterioración que sofre, din, a sanidade na Mariña e enumeraron as súas reivindicacións en materia de atención primaria e atención hospitalaria.