Manifestación dos traballadores de Alu Ibérica na Coruña polo futuro da planta
Foi unha marcha contra a represión sindical, solidaria cos compañeiros despedidos no decurso deste conflito colectivo, entre eles o presidente do comité de empresa. Foi tamén unha manifestación polo futuro industrial da planta coruñesa e unha nova chamada de atención ás administracións.
O secretario xeral de CCOO en Galicia, Ramón Sarmiento, esixiulles ás administracións "o compromiso real e efectivo para consolidar un necesario proxecto industrial nesta planta". Os tres sindicatos reclamaron a implicación do Goberno e da Xunta. José Ramón Gómez, de UXT-Galicia, inistiu en que "non podemos esperar a que a xustiza decida". O secretario xeral da CIG, Paulo Carril dixo que "a única solución seria e real é a intervención pública".
A manifestación transcorreu entre a Delegación do Goberno e a praza de María Pita. Haberá novas mobilizacións coas que os sindicatos queren evitar o desmantelamento de Alu Ibérica.