CRTVG

Buscar

Motoristas en 27 cidades reclaman o dereito á vida

Publicado o 27/10/2019 20:57

Motoristas de 27 cidades saíron hoxe ás estradas nunha manifestación simultánea para reclamar o dereito á vida enriba dos seus vehículos. Criticaron o mal estado das vías, a falta de medidas de protección e as eivas en materia de seguridade viaria. No que levamos de ano morreron máis de 300.
En Santiago os motoristas reuníronse no estadio de San Lázaro equipados con todos os seus elementos de seguridade. Quixeron visibilizar o risco que corren se baten contra un gardarraíl sen protección. Recórdanlles ás administracións que son responsables das estradas e teñen a obriga legal de mantelas nas mellores condicións de seguridade.

Noticias web

27/10/2019