Centos de persoas piden a fin da peaxe na AP-9 entre Vigo e Redondela
Centos de persoas manifestáronse este sábado contra a peaxe da AP-9 entre Vigo e Redondela. Denuncian que non se cumpliu o compromiso de eliminar esa taxa, a máis cara de España. Reclaman vontade política do Goberno de España para acabar co que consideran unha inxustiza.
Empregar a Autoestrada AP9 entre Vigo e Redondela custa 95 céntimos. Unha cantidade abusiva para ese pequeno traxecto segundo levan anos denunciando os veciños. Malia os distintos compromisos, aínda non conseguiron que se eliminen esas barreiras económicas.
Este sábado volveron manifestarse dende Teis ata Redondela. Cos usuarios estaban transportistas e políticos nunha reivindicación que ven de anos.
Reclaman que este tramo da autoestrada se convirta en urbano e que se coloquen pantallas para evitar o ruído de tráfico que sofren os veciños máis próximos á vía.