CRTVG

Buscar

Manifestación a prol da factoría ENCE tras a decisión da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión

Publicado o 16/07/2021 21:42
Manifestación a prol da factoría ENCE tras a decisión da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión

En Pontevedra unha manifestación en prol do mantemento de ENCE na ría percorreu as rúas da vila do Lérez. Convocouse tras a decisión da Audiencia Nacional que anula a prórroga de concesión de Costas sobre a factoría, que lle permitía manterse nese lugar 60 anos máis. Empregados e sindicatos buscan visibilizar a posible perda de emprego para a comarca. Desde o Goberno sinalan que a Xunta ten que ser quen de buscar un novo emprazamento para garantir a actividade industrial e os postos de traballo.

Noticias web

16/07/2021