CRTVG

Buscar

Manequíns con deseños exclusivos delimitan as mesas nun bar de Lugo

Publicado o 28/05/2020 15:21

En tempos de coronavirus toca adaptarse ás novas normas. Unha cafetería de Lugo decidiu facelo con enxeño e creatividade. Mesturaron hostelería e moda, e sobre todo apostaron polo traballo colaborativo. 

Por iso, nesta céntrica cafetería de Lugo optaron por unha solución creativa. Había que adaptarse ás novas normas, que só permiten ocupar o 40 por cento do local. No canto de retirar mesas, ocupáronas con manequíns. Pedíronllos a Inés Penelas, unha deseñadora da cidade, á que ademais lle propuxeron que os vestise cos seus deseños.

Obras expostas en oito manequíns que locen máscaras de deseño ao tempo que marcan as distancias entre clientes. Ademais, os socios desta cafetería fixeron outra sinerxía cun restaurante próximo que non conta con zona exterior. Decidiron sumar esforzos e agora serven os seus menús na súa terraza.

Noticias web

28/05/2020