CRTVG

Buscar

Mandan á cadea un veciño de Lalín por facerlle un corte no pescozo a outro

Publicado o 12/03/2018 14:30

Dous veciños, dous homes, nun bar de Lalín. Teñen uns 60 anos e coñécense. Un achégase ao outro, e este dille "afástate que cheiras mal". Só isto, acabou cun ho hospital con 14 puntos no pescozo, e co outro no cárcere.

O dono deste bar situado na rúa B de Lalín relata o sucedido este sábado á tarde no seu local como algo inesperado e sorprendente. Nun extremo da barra, un veciño agardaba por unha encarga de cociña. Achegóuselle outro, a quen lle dixo cheiras mal, afástate. Explica o dono que non houbo liorta entre os dous clientes, que teñen ao redor dos sesenta anos de idade. Foise, pero volveu pasados uns minutos, supostamente, cunha navalla de podar na man. Alzou o brazo á altura do pescozo do home que lle reprochou o cheiro e  ocasionoulle un corto longo, pero superficial coa navalla.

Ante isto, segundo o relato do hostaleiro, chamou a Policía Local. Ao local tamén se desprazou a Garda Civil, que detivo o agresor; un veciño de Lalín. O xuíz ordenou o ingreso en prisión por un presunto delito de tentativa de homicidio.

O propietario do establecemento dixo que á hora do incidente, sobre as seis da tarde, había poucos clientes. Tamén que agresor e agredido se coñecían e que ninguén imaxinaba que o incidente acabara con un camiño do cárcere e co outro cara ao centro de saúde para que lle curaran a ferida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2018