CRTVG

Buscar

Manchester United-Barcelona e Valencia-Vilarreal, nos cuartos da Champions e da Europa League

Publicado o 15/03/2019 18:02

O Barcelona visitará Old Trafford en cuartos de final da Champions. E será o partido de ida. Lembren os emparellamentos. Ajax-Juventus, Tottenham-Manchester City, Liverpool-Porto e Manchester United-Barcelona. Os días nove e dez de abril a ida. O dezaseis e dezasete a volta. En semifinais, o Barcelona, se pasa, xogaría contra o vencedor do Liverpool-Porto. E xogará a ida no Camp Nou.

E haberá duelo español nos cuartos da Liga Europa. Estes son os emparellamentos: Benfica-Eintrach , Slavia-Chelsea, Arsenal-Nápoles e Vilarreal-Valencia. A ida o día once de abril, a volta o día dezaoito. Quen pase, ou Vilarreal ou Valencia, vaise enfrontar en semifinais ao vencedor da eliminatoria Arsenal-Nápoles.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019