CRTVG

Buscar

Mañá viaxa o Durán Maquinaria Ensino a Bélxica para a fase de grupos da Eurocup

Publicado o 12/10/2021 22:20

Viaxa mañá Durán Maquinaria Ensino a Bélxica. Comeza a fase de grupos da Eurocup. Viaxa nun momento delicado polas lesións de varias xogadoras, como Tamara Abalde ou Maria Eraunzeta. Miguel Ángel Ortega ten sete xogadoras dispoñibles e completará o desprazamento con varias júniors.

O rival é o Namur, campión de Bélxica en dezaoito ocasións. O partido ante o Campobasso no Pazo demostrou que o soño europeo era máis que posible. A aventura do Ensino comeza en Bélxica en dous días. O rival é o Namur Basket, 18 veces campión do seu país. Sofía da Silva, que xogou dúas temporadas no equipo belga, non ten dúbidas. 

As baixas condicionan o equipo que dirixe Miguel Ángel Ortega no inicio da fase de grupos. A Eurocup é unha competición esixente. O Ensino é sétimo na liga tras disputar catro xornadas. Compaxinar con bo rendemento as dúas competicións é un reto que asumen con ansia. 

Este xoves, ás oito e media, primeira proba do equipo lucense. 

Noticias web

12/10/2021