CRTVG

Buscar

Mañá van pasar a disposición xudicial os detidos na redada do Vao, en Pontevedra

Publicado o 14/02/2019 14:20

Os dez detidos na operación antidroga no concello de Poio pasarán mañá a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Cangas. Medio cento de axentes da comisaría de Pontevedra e da Udico participaron neste golpe contra a venda de droga a media escala e a distribución a pequena escala, sobre todo de cocaína. Ao mesmo tempo fixeron rexistros en Vilaboa, Vilanova, Sanxenxo e outros puntos da comarca arousá, vencellados aos clans do Vao.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019