Últimas horas para que os máis de 15.000 aspirantes galegos reclamen polos erros do MIR
Mañá remata o prazo para que os máis de 15.000 aspirantes a unha praza de formación sanitaria especializada en medicina, enfermería, farmacia e outras disciplinas poidan presentar impugnacións ao exame que se celebrou o sábado. O formulario de respostas contiña erros que fan previsible que haxa un alto número de reclamacións.
Pablo e Miguel barallan cantas preguntas do exame MIR que realizaron o sábado van impugnar. A proba, á que se presentaron en Galicia 511 licenciadas e licenciados en Medicina, foi accidentada.
O erro detectouse en pleno exame e non só en Medicina, senón en todas as especialidades. A decisión do Ministerio de Sanidade foi que os cadros duplicados serviran para responder a seguinte pregunta da proba. As dúas erratas recibirán, probablemente, un importante volume de impugnacións. Pero non serán as únicas.
Mañá remata o prazo para presentar impugnacións. Ata finais de marzo non haberá resultados definitivos.