CRTVG

Buscar

Mañá de ringleiras nas vilas galegas para levar o roscón

Publicado o 06/01/2021 17:02

Igual que as cabalgatas, hai outra tradición de Reis que non faltará hoxe en moitas casas. A do roscón. E un bo abrigo e moita paciencia foi a que necesitaron as ducias de persoas que dende ben cedo fixeron longas ringleiras para conseguilo, nunha das pastelerías con máis sona da Coruña. Por momentos a cola daba a volta á mazá, pero iso si, gardando a distancia de seguridade. Un costume arraigado co que non puido nin a pandemia nin o frío.

Noticias web

06/01/2021