CRTVG

Buscar

Mañá constitúese a Xunta de Goberno do Concello de Ourense

Publicado o 18/06/2019 13:46

En Ourense, o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, acaba de nomear a Xunta de Goberno local que se constiuirá mañá.

Unha xunta en que os dez edís, cinco de Democracia Ourensana e cinco do PP, terán que aprobar, de momento, a contratación das festas do Corpus, as festas grandes de Ourense que comezan xa o venres.

A Xunta de Goberno local celebrará sesións ordinarias todos os xoves. O repartimento de áreas está practicamente pechado. A primeira providencia que asinou o novo alcalde foi un control horario para os funcionarios municipais.

Noticias web

18/06/2019