CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo da operación Trucarro pola manipulación de contaquilómetros

Publicado o 09/01/2019 12:48

Nesta nave do polígono do Milladoiro, en Ames, e nun baixo de Teo é onde, supostamente, se trucaban os contaquilómetros de vehículos de segunda man procedentes doutros talleres, fundamentalmente da provincia da Coruña. O seu titular, o alemán Johann Grimm, é o principal acusado da operación Trucarro, pola que chegou a ingresar en prisión.

A Fiscalía pide para el a pena acumulada de todos os demais imputados, máis de vinte anos de cadea, por consideralo o cooperador necesario nunha sucesión de delitos continuados de estafa entre os anos 2006 e 2008. Xunto a el, están acusados os seus catro empregados e outras 37 persoas, pero só unha ducia sentarán mañá no banco dos acusados porque o resto xa chegou a acordos coa Fiscalía, comprometéndose a pagar as indemnizacións que lles pedían os afectados.

Segundo os cálculos do fiscal, o volume da estafa supera os oitocentos mil euros. O xuízo que comeza mañá, tras case un ano de aprazamentos, prolongarase ata mediados de febreiro. Nas dúas primeiras sesións presentaranse as cuestións previas, en que as defensas van solicitar a anulación das escoitas telefónicas como proba.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2019