CRTVG

Buscar

Este sábado comeza o cribado masivo entre universitarios galegos

Publicado o 26/02/2021 09:41

Mañá comeza un cribado masivo entre os universitarios, que se prolongará ata o próximo martes. Os estudantes están sendo citados mediante mensaxe aos seus teléfonos móbiles.

Poderán someterse a tests de antíxenos rápidos para detectar asintomáticos e cortar así as cadeas de transmisión. Este cribado coincide coa volta ás clases presenciais, que se retoman nas tres universidades galegas o un de marzo.

Os primeiros citados son os alumnos do campus de Ourense, que se someterán ás probas mañá sábado neste pavillón de deportes universitario; tamén mañá comeza o cribado en Ferrol, no Hospital Novoa Santos. No resto de campus, os cribados comezarán a partir do luns día 1 de marzo, coincidindo coa volta ás clases presenciais.

Así o solicitaron as propias universidades, para evitar que milleiros de alumnos tivesen que mobilizarse na fin de semana, e tamén para favorecer a participación. Vanlles facer test de antíxenos, que permiten coñecer o resultado nuns minutos.

Noticias web

26/02/2021