CRTVG

Buscar

Este luns celébrase a audiencia preliminar do caso Diana Quer

Publicado o 31/03/2019 22:46

O acusado non sairá da prisión para esta vista. Si o fará para a que se celebra entre o 10 e o 12 do próximo mes de abril , cando terá que responder polo intento de rapto doutra muller, que conseguiu escapar. Precisamente, ese caso foi o que precipitou o arresto pola desaparición e morte de Diana Quer.

A fiscalía solicita pola causa da muller de Boiro 15 anos e dez meses de cadea e unha indemnización.
No caso da moza madrileña, pide prisión permanente revisable e outra indemnización para a súa familia.

Unha vez que o xuíz envíe a documentación á sección sexta da Audiencia Provincial, en Santiago, fixarase a data do xuízo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/03/2019