CRTVG

Buscar

Este xoves arranca en Vigo o xuízo polo crime de Ana Enjamio

Publicado o 13/11/2019 13:22

Mañá arranca en Vigo o xuízo por un crime que tamén causou unha gran conmoción, o de Ana Enjamio, a enxeñeira de 25 anos asasinada en decembro de 2016. 

O presunto asasino, César Adrio, está acusado de asestarlle 28 coiteladas no portal do seu edificio despois da cea de Nadal da empresa na que traballaban. Ambos mantiveran unha relación e posteriormente a moza deixouno.

Segundo a fiscalía, o home obsesionouse con ela e someteuna a un fustrigamento total, ata que a matou. O procesado enfróntase a máis de 30 anos de cárcere polos presuntos delitos de asasinato, acoso e vulneración da intimidade.

A vista celebrarase con xurado popular. Ademais do acusado, prestarán declaración medio cento de testemuñas, policías nacionais e peritos, ao longo de 5 xornadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019