CRTVG

Buscar

Abre en Wuhan o primeiro hospital construído en dez días

Publicado o 02/02/2020 14:06

Na cidade chinesa de Wuhan, remataron os traballos nun dous dous hospitais que acollerán aos enfermos infestados polo coronarivus. Nos últimos 10 días, máquinas e miles de obreiros, traballan sen descanso, as 24 horas.

Mañá, está previsto que abra o primeiro, que acollerá a 1.000 pacientes. As autoridades chinesas informaron que no segundo centro sanitario, que ocupa unha superficie de 203.000 metros cadrados, xa se completou o 60 por cento do proxecto.

Estará equipado con máis de 1.500 camas e agárdase que entre en funcionamento o día 5 de febreiro. Nel traballarán máis de 2.200 profesionais sanitarios. As últimas cifras facilitadas polas autoridades chinesas falan de máis de 304 mortos e sospeitan que poden estar infectadas unhas 19.500 persoas .

Noticias web

02/02/2020