Malú e Albert Rivera anuncian nas redes o nacemento da súa filla, Lucía
Publicado o 06/06/2020 19:37

A primeira hora desta tarde, a cantante Malú anunciou, a través da súa conta de Instagram, o nacemento da súa filla Lucía, froito da unión que mantén con Albert Rivera, ex-líder da formación política Ciudadanos.
A bebé naceu no hospital madrileño Puerta del Sur de Móstoles. A mensaxe "Xa está aquí a nosa filla, Lucía. Acompañarémoste nos teus pasos toda a vida" xunto unha referencia á foto na que os dous pais cobren o pé da pequena: "O pé máis lindo do mundo".
Rivera está divorciado da súa primeira muller, Mariona Saperas, con quen tivo outra filla, Daniela.