CRTVG

Buscar

Malpica e Ponteceso teñen a incidencia acumulada máis alta da área sanitaria coruñesa

Publicado o 21/02/2021 14:13

A incidencia do coronavirus en Malpica supera os seiscentos casos por cada cen mil habitantes. É a máis alta da área da Coruña, a que ten as peores cifras das sete divisións sanitarias galegas.

Malpica, Carballo e Ponteceso manteñen a incidencia por riba dos seiscentos puntos, aínda que os datos melloran nos tres municipios. En xeral, a evolución é boa no conxunto da área sanitaria, con 163 casos activos menos ca o sábado e doce persoas menos hospitalizadas por coronavirus. Hai expectación por saber onde e cando se rebaixa o nivel das restricións.

A área A Coruña-Cee acumula máis do 30% dos casos activos de covid-19 en Galicia.

Noticias web

21/02/2021