CRTVG

Buscar

'Mallorca', dirixido por María Forteza, primeiro filme sonoro dunha muller en España

Publicado o 08/05/2020 17:00

María Forteza é unha gran descoñecida. Dirixiu esta peza entre os anos 1932 e 1934, pero non se tivo constancia dela ata agora. Unha muller que non aparece na prensa da época nin no contexto cultural balear do momento. Un aspecto que apuntala o que as teorías feministas cinéfilas veñen dicindo desde hai anos: o borrado da muller na historia do cine español.

Con música de Albéniz e imaxes da Mallorca que dá título ao filme, este traballo de menos de oito minutos é o primeiro con son dirixido por unha muller. Paisaxes da illa e localizacións da cidade sen case habitantes son as imaxes predominantes que case se podería asimilar a esta época de coronavirus.

Mallorca e María Forteza xa son historia e toda esta semana poderase ver na canle de Vimeo da Filmoteca española a través da colección Doré en casa.

Noticias web

08/05/2020