CRTVG

Buscar

Malleira multitudinaria ao home que atacou a unha muller con augaforte en Málaga

Publicado o 22/01/2021 08:13

Malleira brutal en plena rúa a un home que supostamente rociou con augaforte a unha muller en Málaga.

Esta gravación recolle o momento en que a multitude se tira sobre el para batelo empregando nalgúns casos obxectos como vasoiras e bastóns. O agresor quedou tendido no chan. Finalmente tanto el como a muller atacada co líquido, sobre a que pesaba unha orde de busca e captura pendente, foron detidos pola Policía nacional.

Os investigadores descartan que se trate dun caso de violencia machista, porque non eran parella.

Noticias web

22/01/2021