CRTVG

Buscar

Malia a aparición da chuvia, a provincia de Ourense goza co domingo de Entroido

Publicado o 03/03/2019 21:48

Na provincia de Ourense seguen desta hora movéndose a ritmo de Entroido. Escóitanse as chocas en Laza á saída da misa. Prepárense fregueses, que os peliqueiros andan de estrea este domingo.

Respóndenlle con arte, desde Verín, os cigarróns. Mornean tamén as súa chocas e choutan rúa abaixo coa zamarra poñendo orde. E en Viana, o son dos folións non deixa oír a festa dos veciños no domingo gordo. Alí os boteiros escorrentan coa monca a quen non sabe de Entroido.

Anuncian as formigas en Laza que, despois do domingo, chega o luns borralleiro, e os da vila saben ben o que quere dicir. E como é cousa de xenética que os foráneos non temos, non queda outra que ir correr os entroidos da provincia de Ourense.

Levaremos menos tradición no traxe, tamén menos quilos ao lombo, pero en tempos de Carnaval, ningunha cousa está mal.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019