CRTVG

Buscar

Malestar veciñal no Camiño das Raposeiras, en Marín, pola acumulación de lixo

Publicado o 09/07/2019 14:02


O abandono do Camiño das Raposeiras, en Marín, volve estar na boca dos veciños estes días despois do incendio que tivo lugar na zona recentemente. O lume orixinouse nun terreo a carón dunha nave abandonada con okupas, e complicouse pola cantidade de lixo acumulada.

Din que fóra destes episodios, a convivencia transcorre sen incidentes, pero son habituais as visitas da policía por conflitos entre os ocupantes ilegais. Polo momento descoñécese a autoría dos feitos, pero aseguran que esta situación non é nova.

Quéixanse tamén do lixo que se acumula fóra dos colectores, e da falta de roza nesta zona, bastante transitada para ir ao cemiterio. Dende o Concello aseguran que xa hai un expediente aberto pola falta de limpeza na zona.
 

Noticias web

09/07/2019