CRTVG

Buscar

Malestar polas obras en Balaídos

Publicado o 12/09/2017 15:38

O partido entre o Celta e o Alavés trouxo consigo a primeira vitoria celeste pero tamén o enfado dun bo número de abonados na bancada de Río Alto.

A bancada, aínda sen cuberta, segue en obras... e algúns socios tiveron que ver así o partido desde o seu asento. Pegados literalmente a unha columna de formigón. Hai outros socios que son máis comprensivos coas molestas obras. En todo caso, o club posibilita a opción de cambiar de asento mentres as obras non rematan.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2017