Malestar no Obra e Breo coas arbitraxes

Obradoiro
Malestar polas arbitraxes. O Obradoiro lanzou doce tiros libres, o Málaga vinte e sete. As faltas condicionaron o final do encontro. Esta que lle fan a Llovet non tivo castigo. Moncho Fernández recibiu dúas técnicas e tivo que marchar os vestiarios.
Dezasete faltas cometeu Málaga, trinta e unha fixo o Obradoiro en opinión dos árbitros. No estritamento baloncestístico, o cadro local reaccionou no último cuarto, onde destacou o acerto de Carlos Suárez, que pechou o partido con dezanove puntos.
Breogán
E malestar en Lugo. A 45 segundos do final e con empate a 92 ataca o Breogán. Redivo entra a canastra e recibe un tapón de Eyenga. No Breogán entenden que o balón tocou antes no taboleiro. Igual que na xogada da final da Copa do Rei entre o Barcelona e o Real Madrid. Esa acción condicionou o final do encontro. Tito Díaz teno así de claro.