CRTVG

Buscar

Malestar no ensino concertado tras dicir Celaá que a Constitución non protexe o dereito a escoller centro educativo

Publicado o 15/11/2019 14:51

Celaá provocou onte o murmurio dos asistentes ao Congreso de Escolas Católicas ao pronunciar estas palabras: "De ningunha maneira pode dicirse que o dereito dos pais a escoller un ensino relixioso ou a elixir centro educativo podería ser parte da liberdade de ensino. Non son emanación estrita da liberdade recoñecida no artigo 27 da Constitución", asegurou a ministra.

O punto 3 do artigo 27 da Carta Magna di textualmente que "os poderes públicos garanten o dereito que asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións". 

O arcebispo de Madrid, presente cando Celaá pronunciou o seu polémico discurso, lembraba hoxe en Twitter que ninguén pode usurpar o dereito e obriga educativa dos pais, polo que debe velar a Administración. Este mediodía a ministra matizou as súas palabras e cualificou a controversia de artificial.

Con todo, Celaá reiterouse no argumento de que ese dereito non é constitucional, e que se deriva de leis promulgadas con posterioridade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019