Malestar no celtismo polo prezo das entradas
Publicado o 26/10/2021 15:40
Os prezos das entradas para ver a Real Sociedade van dos 30 euros de Gol aos 60 de Tribuna Baixa, dez euros máis que nos dous partidos anteriores, unha suba que a afección non entende.
Os seareiros demanda do club medidas contrarias, medidas que incentiven a asistencia de público. Ante o Sevilla acudiron a Balaídos algo máis de 10.500 espectadores sobre un aforo de 18.200.
Mellorar a xestión e o trato aos socios é outra das demandas do celtismo.