CRTVG

Buscar

Malestar nalgúns baróns socialistas polo apoio de Bildu aos presupostos

Publicado o 12/11/2020 20:29

Algúns dirixentes territoriais do PSOE expresaron o seu malestar polo apoio de Bildu ao Goberno. O presidente extremeño, Guillermo Fernández Vara, colgou un chío en que expresaba a súa dor por ver a Otegi sendo clave para aprobar os presupostos.

A ex-presidenta andaluza Susana Díaz dixo que só espera de Bildu que pida perdón aos españois polo dano que fixo a ETA. Na outra banda, a líder dos socialistas vascos, Idoia Mendia, considera bo que a formación abertzale se implique na gobernabilidade de España. Tamén o líder do PSC, Miquel Iceta, deulle a benvida ao apoio dos independentistas vascos.

Noticias web

12/11/2020