Os usuarios reclaman a Audasa compensacións polos danos das obras de Rande
Os afectados cualifican os argumentos dados por AUDASA de pouco sostibles. Denuncian que pagaron por un servizo que non se estaba cumprindo. Nese período en que duraron as obras, dende o ano 2015 e ata o ano 2018, non só sufriron atrasos, senón que din que tampouco se garantiu a seguridade dos usuarios.
Por iso, a asociación En-Colectivo xa aglutina 200 afectados que se van sumar á demanda interposta pola Fiscalía. De feito, todos aquelas persoas que se consideren prexudicadas poden unirse a esta reclamación.
Pendentes desa setenza están tamén un total de 80 empresas de En-Colectivo e os membros de ASETRAMSPO, os transportistas da provincia de Pontevedra. Todos estes afectados tamén denunciarán a devolución como mínimo das peaxes.
Aseguran que, por primeira vez en España, a Fiscalía está presente nunha demanda colectiva para reclamarlle a AUDASA o beneficio dos consumidores. Será a xustiza quen teña a última palabra.