CRTVG

Buscar

Málaga volve sufrir outra noite de fortes inundacións con varios ríos desbordados

Publicado o 25/01/2020 09:11

• A Delegación do Goberno activa o plan de urxencias ás sete da mañá

• As chuvias provocan asolagamentos en varios puntos da provincia

Coches e mobiliario urbano arrastrados pola riada, decenas de casas e baixos asolagados, con veciños sen poder saír e grandes dificultades para que acudan os servicios de bombeiros e policía local.

Os veciños das barriadas de Campanillas e Maqueda despertan este sábado co auga ao pescozo e a delegación do goberno mobiliza a todos os efectivos dispoñibles e mantén o aviso laranxa por fortes chuvias ata as seis desta tarde. 

O Centro Meteorolóxico de Aemet informa que o pluviómetro da súa sede mediu 60 litros por metro cadrado, dos que 34 caeron nunha hora e case 13 litros en tan só dez minutos. 

O Guadalhorce desbordouse e anegou parte da estación de Cártama, cortando a estrada A-7057. Noutros municipios, como Alhaurín o Grande e na Axarquía tamén están sufrindo as fortes treboadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020