CRTVG

Buscar

Este ano arderon máis de 56.000 hectáreas, cinco veces máis que no 2018

Publicado o 16/08/2019 17:00

Falamos de lumes e dos datos que hoxe facilitou a Unidade Militar de Emerxencia. Non está a ser un bo ano en España. Xa arderon máis de 56.000 hectareas case cinco veces máis que o ano pasado.

A ministra de defensa en funcións, Margarita Robles, visitou esta mañá o cuartel da Unidade Militar de Emerxencia na Base Aérea de Torrejón. E non recibiu boas noticias. Esta temporada de lumes en España está a ser intensa. Así a definen os responsables da UME. Ata comezos de agosto arderon en España, 56.507 hectareas, case cinco veces máis que o ano pasado.

As razóns hai que buscalas, basicamente, na climatoloxía, o mal estado dos montes e a acumulación de combustible. Nun total de 2.870 lumes ardeu máis dunha hectárea e houbo 12 nos que arderon máis de cincocentas hectáreas. A UME, Unidade Militar de Emerxencia, tivo que intervir en 19 incendios. Dous deles fora das fronteiras españolas, en Grecia e en Portugal. A maioria foi no Sistema Central. E afortunadamente nesta temporada non tiveron que intervir en Galicia

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019