Máis tranquila a situación nas residencias de anciáns de Celanova e de Barreiros, en Vigo
Calma relativa a primeira hora desta mañá na Residencia San Carlos. Os traballadores saían a recoller o material de protección e sanitario que lle fixeron chegar nas últimas horas extremando as medidas de seguridade. Era a chamada desesperada que facían onte.
Hoxe a contratación de persoal de reforzo tanto asistencial como de limpeza dáballes un pouco de aire. Das 4 coidadadores que onte atendían a medio cento de usuarios hoxe eran 9. Tras a desinfección das instalacións por parte da Unidade Militar de Emerxencia, foi a Xunta de Galicia a que asumiu a coordinación do centro.
No día de onte realizáronlles as probas a todo os usuarios que estaban pendentes. Os resultados poden facer que dende a adminstración autonómica se adopten novas medias. Neste intre hai 13 usuarios contaxiados e 14 traballadores.
É o centro que máis preocupa, pero detectáronse casos de coranavirus en 9 residencias das 230 coa que conta a nosa comunidade cun total de 47 maiores contaxiados e 21 traballadores.