CRTVG

Buscar

Máis taxistas de Vigo comezan a levar saia para evitar a prohibición do pantalón curto

Publicado o 31/07/2019 08:32

Polémica ao chegar o verán na cidade de Vigo entre o colectivo dos taxistas. A normativa municipal que regula a súa vestimenta de traballo na cidade non contempla o pantalón curto para os homes na época estival. Ante a prohibición, son xa agora 6 os taxistas que visten saia nos días de sol e calor. Aínda que este verán non está sendo especialmente caloroso, algúns din pasar moita calor cando se chega aos 30 graos nunha parada na que está pegando o sol.

O que lles leva a pensar a estes taxistas é que finalmente se vai instaurar un uniforme ao igual que xa o visten outros condutores de transporte público.

O colectivo dos taxistas en Vigo está agora dividido, un terzo dos condutores está en contra desta normativa. O resto está de acordo con que haxa limitacións no vestiario, ao igual que se prohibe ir en chándal estando de servizo por cuestións de imaxe. Agora ben, os propios usuarios dos taxis, os clientes, entenden a reivindicación e non lles molesta que o taxista use pantalón curto, outra cuestión é a saia.

Os seis taxistas que xa empregan a saia como reivindicación ao uso do pantalón curto negáronse a falar ante as nosas cámaras. En calquera caso, son catro os que usan saia de xeito permanente nos días de calor e dous de forma esporádica para apoiar os compañeiros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/07/2019