CRTVG

Buscar

Máis seguridade no porto da Coruña

Publicado o 26/08/2021 15:50

Toda a actividade portuaria da Coruña supervísase dende unha sala de pantallas no novo edificio de seguridade e servizos. 

Dende aquí tamén se coordinan os servizos de emerxencias e de policía portuaria.

A conselleira do Mar visitaba as instalacións e destacaba o compromiso da autoridade portuaria coa innovación e a seguridade laboral. Para a súa posta en marcha destináronse 2 millóns de euros. 

"Onde non só se busca mellorar a seguridade dos nosos traballadores, onde teñen unha mellor posibilidade de facer o seu traballo, senón tamén mellorar a seguridade do porto", explicou Rosa Quintana.

Noticias web

26/08/2021