CRTVG

Buscar

Máis radares para o cumprimento das novas limitacións de velocidade

Publicado o 26/05/2021 21:32

Cambiar hábitos leva o seu tempo, e semella que é aplicable tamén á educación viaria. As novas limitacións que chegan ata 20 e 30 por hora nas cidades, dependendo do tipo de vía, aínda custa asimilalas. Moitos condutores xa pensan en cambiar de vehículo, din con certa retranca, como a bicicleta.

Os taxistas e demais traballadores que pasan horas nas estradas din ser os máis prexudicados polos atascos e pola lentitude do servizo. Pero esa cadencia é a que vai evitar moitos atropelos mortais.

Os radares son os novos aliados desta polémica norma que de seguro, acabaremos interiorizando. O tempo e o respecto na circulación viaria son os que porán no seu sitio este cambio que busca humanizar as cidades e, sobre todo, reducir os atropelos urbanos.

Noticias web

26/05/2021