CRTVG

Buscar

Máis perigos para a saúde e a seguridade para os que traballan á intemperie

Publicado o 20/12/2019 14:24

Os traballadores que exercen o seu oficio á intemperie están pasando un outono máis duro ca outros anos.

"Mal, moi mal, vai moito frío", di unha vendedora da ONCE.

Os repartidores sofren dobremente o mal tempo: por conducir en malas condicións e despois andar á auga cargados, e sen poder levar paraugas.

"É un encordio, móllaste e non podes levar paraugas". "Hai máis tráfico e hai que levar traxe de augas", din dous repartidores.

Os obreiros da construción cambian o traballo da obra en circunstancias extremas de chuvia ou vento e evitan, por exemplo, os labores en altura.

"Non facemos andamio, estamos abaixo e é peor, un barrizal, os que se queixan traballando con calefacción... pero nós aquí estamos", di un obreiro.

A pesar do mal tempo, a vida hai que gañala, e cada un no seu oficio lévao o mellor que pode.

Noticias web

20/12/2019