CRTVG

Buscar

Máis medios da DXT para sancionar infraccións na operación 15 de agosto

Publicado o 13/08/2020 20:00

Máis control de velocidade e das imprudencias, e accións puntuais para aliviar a intensidade da circulación, son as medidas que a Dirección Xeral de Tráfico porá en marcha na operación 15 de agosto que comeza mañá.

Vai intensificar a presenza de dispositivos telemáticos, como 3 drons con capacidade de denuncia, para sancionar as infraccións viarias. A DXT lembra que no que vai de ano faleceron 487 persoas nas estradas españolas, aínda que por mor da pandemia o tránsito reduciuse nun 10 por cento.

Noticias web

13/08/2020