CRTVG

Buscar

Máis liquidez para a economía e máis apoio ás familias, novas medidas económicas do Consello de Ministros

Publicado o 17/03/2020 08:44

Coñecerémolas en canto remate a reunión dos martes do Consello de Ministros, pero podemos adiantar que se inclúen dun plan de choque para facer fronte á pandemia do coronavirus, con máis liquidez para a economía, apoio ás familias e cidadáns vulnerables, flexibilidade nos axustes temporais de cadros de traballadores e apoio á investigación de vacinas e medicamentos contra a enfermidade.

Agárdase que unha das medidas será a axilización dos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego, ERTE, en determinados sectores, e o acceso á protección por desemprego, o paro, sen esixir período de carencia.

Outra das medidas que se manexa, veremos se se leva adiante, é a suspensión temporal do pagamento de cotizacións á Seguridade Social para empresas, autónomos e traballadores.

E tamén se agarda que o Goberno aprobe unha liña de avais para axudar ás empresas ante o impacto negativo do coronavirus nos negocios.

Noticias web

17/03/2020