Máis fogares para acoller ou adoptar cans rescatados dos camiños do Camiño
Protectoras socorren animais accidentados, maltratados, abandonados ou perdidos
Nas zonas do rural galego polas que pasan as rutas xacobeas hai polo menos un can por cada veciño e da situación preocupante dalgúns deles alertan algúns pegregrinos. A Asociación Protectora de Animais do Camiño, Apaca, traballa para socorrer, sobre todo, cans accidentados, feridos, permanentemente atados, abandonados e perdidos. Apaca media cada vez con máis familias galegas para que lles den un novo fogar a eses animais.
No vídeo principal completo seguímoslle a pegada á situación dos animais que malviven no camiño e ao camiño que teñen que seguir ata atopar un novo fogar mellor. Nos de abaixo, etapa por etapa, avanzamos como avanza a situación. Propómosvos para os vosos móbiles un formato novo: #VerTiGal para que tamén poidades ver en vertical o fundamental: ollo que amais de ver hai que premer, para escoitar cada historia. Facede play ao final para ver o total.
Da man da xornalista de TVG Belén Baños Riádigos, descubiremos novos valores do Camiño no camiño, grazas á laboura de persoas coma Raquel Freiría Mato, voceira de Apaca e á solidariedade de de familias de acollemento, como a de Alba Pereira, ou da das de custodia compartida ou de adopción de cans e cadelas rescatadas e socorridas nas rutas xacobeas, como a de Patricia Quintana e as súas fillas.
18. Para saber máis, fai play no vídeo que aparece a continuación: contámosche máis !
17. Hai familias que se solidarizan adoptando cans que o pasaron peor e que o teñen máis difícil
16. Custodias compartidas para evitar a dor da separación cando o can atopa outro dono definitivo
15. Os fogares que acollen temporalmente un can axúdano a rehabilitarse e a vivir en sociedade
14. Estúdanse perfís de cans e de familias para aquelar a mellor fórmula de acollemento ou de adopción
13. No último ano, un cento de familias adoptaron cans do Camiño e vintenas acolléronnos
12. Cadelas e cans socorridos ou recollidos do Camiño precisan fogares de acollemento ou de adopción
11. Para un pioneiro refuxio autorizado no Camiño piden un chan público co apoio de 88.000 sinaturas
10. Moitos peregrinos avisan de animais desasistidos polo que Apaca quere abrir un centro ético no Camiño
9. Chama á Garda Civil se ves maltratado un animal e ao Concello se está perdido ou abandonado
8. Concienciar contra o costume de ter cans sempre atados e para esterelizar e evitar matar camadas
7. Animais accidentados, feridos, abandonados e perdidos teñen axuda de Apaca dende hai máis dun lustro
6. Queren habilitar unha unidade móbil de socorro para atender axiña os animais e informar á xente nas rutas
5. Dos tratamentos veterinarios de urxencia para cans accidentados no Camiño ocúpanse Apaca e os Concellos
4. De atopar un animal accidentado, cómpre chamar ao 112, mentres non haxa un protocolo oficial
3. Todos os días hai animais que morren ou quedan feridos en accidentes nas rutas xacobeas
2. VerTiGal: ver en vertical o fundamental no móbil - Amais de ver, premer para escoitar - Play ao final para ver o total
1. Cada vez máis cans e cadelas socorridos no Camiño atopan un fogar en Galicia