CRTVG

Buscar

Máis dunha trintena de cámaras vixían o aparcamento irregular nas rúas da Coruña

Publicado o 07/10/2019 20:16

Dende hoxe está en marcha na Coruña a campaña de tolerancia cero co estacionamento irregular.
Nela participan máis dun cento de axentes, aos que se suman tamén unha trintena de cámaras de vixilancia. Sancionarán aqueles que estacionen en dobre ringleira ou en zonas de carga e descarga.

O que buscan é corrixir malos hábitos que causan trastornos á mobilidade urbana e que sobre todo poñen en risco a seguridade dos peóns e dos usuarios destas vías.

As sancións poden oscilar entre os 200 e os 500 euros. En 2018 as multas por estacionamento indebido na cidade caeron un 17% con respecto ao ano anterior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019