CRTVG

Buscar

Máis dun milleiro de persoas participaron este verán no programa Vacacións en Galicia

Publicado o 31/08/2021 14:40

Familias de toda a Península tiveron a oportunidade este verán de visitar Galicia dun xeito seguro e barato. Recuperouse de novo despois da pandemia o programa "vacacións en familia" nas residencias do tempo libre de Panxón e do Carballiño con preto dun milleiro de persoas beneficiadas. Iso si con ocupacións reducidos e cumprindo coas medidas sanitarias.

Unha familia andaluza celebran o aniversario do máis pequeno. Están de vacacións na residencia de tempo libre do Carballiño. Pasan aquí seis días con pensión completa e por pouco máis de 30 euros ao día.

As prazas son abertas para todas as familias, pero teñen preferencia as numerosas. As familias monoparientais, as vítimas de violencia de xénero e as familias acolledoras teñen preferencia tamén para acceder ás prazas. Todos teñen as súas rutas marcadas e fan excursións desde aquí por toda Galicia.

Pilar e seu home levan vindo moitos anos desde Zaragoza. Un programa da Consellería de Política Social que volveu este ano despois de suspenderse o pasado pola pandemia. En total as dúas residencias de tempo libre que hai en Galicia a do Carballiño e a de Panxón ofreceron neste verán preto dun milleiro de prazas.

 

Noticias web

31/08/2021