CRTVG

Buscar

Máis dun milleiro de persoas, convocadas para vacinarse nesta xornada festiva

Publicado o 17/05/2021 13:41

A xornada comezaba cedo no punto de vacinación instalado hoxe no hospital de Oza, na Coruña. Hai 635 persoas convocadas para recibir a segunda dose do soro de Moderna e algúns de Pfizer. Hoxe é a quenda dos grupos de risco. As citas están programadas cada 3 minutos para evitar aglomeracións e todo transcorre con normalidade.

Pola súa condición de persoas de risco, por seren enfermos oncolóxicos, transplantados, con algunha inmunodeficiencia ou pacientes dializados, a maioría levan o último ano vivindo con temor ao contaxio e tomando moitas precaucións. Por iso, completar a pauta de vacinación supón un balón de osíxeno e poder recuperar un pouco de vida normal.

A maioría aseguran que non sufriron ningún efecto secundario tras a primeira dose e animan a que todo o mundo se vacine para poder gañarlle a guerra ao virus.

Máis dun milleiro de persoas estan citadas hoxe para vacinarse nos hospitais de Oza, Cee, A Mariña e no CHOU en Ourense.

Noticias web

17/05/2021